Net_art. Web_art


... O departamento de actividades do CGAC vén desenvolvendo nos últimos dous anos un intenso programa cunha finalidade primordial que é a análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de conferencias, monográficos, seminarios, coloquios e talleres, constitúen a oferta fundamental do Centro, procurando involucrar a un amplo abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudiantes de Belas Artes, Arquitectura e Historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Arquitectura, cine, filosofía ou literatura, e en estreita conexión coa creación contemporánea, foron algunhas das disciplinas a partir das cales se estableceron foros de discusión por medio de conferencias ou mesas redondas.

*Fuente: página web del Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago)